O galego que construíu un cerebro mecánico

    AS-PG
    De AS-PG

    O texto completo pode lerse en Sermos GalizaRamón Silvestre Verea García naceu en Curantes, A Estrada, no mesmo ano en que en Suecia nace Alfred Nobel. Nobel morreu en decembro de 1896, moi rico e cheo de recoñecemento, algúns din que tamén de culpa polos mortíferos inventos que ideou, especialmente a dinamita.  Verea morreu, pobrísimo, en febreiro de 1899 en Buenos Aires. Un ano antes, El Eco de Galicia de 28 de febreiro de 1898 defíneo como o “vello veterano da liberdade política e da emancipación da conciencia”

    Ramón Verea naceu en Curantes, A Estrada, o 11 de decembro de 1833. No curso 1845-1846 foi alumno da Universidade de Santiago. Os acontecementos de abril do 46 terían marcado fondamente, segundo Olimpio Arca, unha profunda crise espiritual. Entrou no Seminario e abandonou, ao cabo duns anos, a carreira eclesiástica. En 1855 está na Habana. Aquí dá clases, dirixe un periódico denominado El Progreso e publica dúas novelas, La cruz de piedra e Una mujer con dos maridos.
    En 1865 trasladase a Nova York. Traballa de tradutor, impresor, comercio de maquinaria e no invento de unha máquina de calcular (non de sumar). O invento valeulle a medalla de ouro na Exposición de Matanzas. Traballa de redactor en El Cronista, periódico dirixido por Xosé Ferrer de Couto, un ferrolán que abandonou a carreira militar por entender que o exército e a política non debían ir xuntos.
    En 1884 funda El Progreso, revista mensual ilustrada de todos los conocimientos humanos,  publicado en Nova York até 1896 e continuado, con cabeceira só El Progreso,  en Buenos Aires. A revista ten como propósito, segundo nota editorial no número un “ter o lector ao corrente dos progresos da humanidade en todos os ramos”

    Tamén en El Progreso se publica a copia da acta do xuri que lle outorga a medalla de ouro na Exposición de Matanzas: “El aparato calculador del señor Verea es el bello ideal tratándose de máquinas de índole análoga a la suya, pues que hace pensar, digámoslo así, al hierro, al acero y metal amarillo, elementos de la misma y materias con las que dicho señor ha construído un cerebro mecánico”


    En 1878 patentou a súa máquina mais non procurou comercializala pois, segundo declarou ao Herald Tribune, que lle dedicou un amplo artigo, o seu interese era contribuír en algo para o avance da ciencia. O invento gárdase hoxe na sede central da IBM.