Rosalía de Castro

Durante o ano 2013, e no contexto do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, Sermos Galiza deu a luz, como parte do proxecto Análise e divulgación de Cantares Gallegos, promovido pola Sociedade Cultural Medulio e patrocinado pola Deputación da Coruña, un total de 23 páxinas, unha cada semana, recollendo diferentes aspectos da presenza pública de Rosalía e algunhas das iniciativas levadas a cabo durante aquel ano.

 

Tamén, e como complemento daquelas páxinas,  publicamos un caderno A Fondo titulado Rosalía de Castro, a liberación das tebras.

 

 

 

 

Agora, en febreiro de 2019, no 182 aniversario do nacemento de Rosalía, ofrecemos novamente aquela publicación, indexada e en formato pdf para para ler, debalde e  directamente, desde a tenda da AS-PG. Esta publicación é, polo de agora a máis lida das incluídas na tenda. silencioOs ollos

Na tenda tamén podes ver I ante aquel silencio mudo. Rosalía e Cantares Gallegos, un documental escrito e dirixido por Millán Castro e Marina Chiavegatto que descobre unha Rosalía comprometida e rebelde. Ofrece un xeito de ler a súa obra e a súa personalidade contextualizado co tempo en que lle tocou viviu á nosa grande poeta, pero á vez unha lectura inserida na realidade actual e o disco Os ollos que falan, musicación de 11 temas de “Cantares Gallegos” polo grupo Tempo Catro.

Os poemas que  conforman o álbum amosan a actualidade e versatilidade da obra rosaliana.