Antroidos e máscaras na Galiza rural

Máis de medio cento de entroidos, a meirande parte deles sen apenas difusión, son documentados no novo caderno monográfico da colección “De Nós”, editada por Sermos Galiza, S.A. Trátase dun traballo documental tecido coas imaxes do fotógrafo Alfonso García Santos, que leva ás súas costas 30 anos de retratos aos entroidos rurais, e prologado polo arqueólogo e museólogo Felipe-Senén.

Poñan un colorido sombreiro adornado con plumas, pequenos colares, fitas douradas, chocas de cobre, vistosos flocos, xarreteiras, mantón… e coñezan os entroidos rurais que permanecen vivos ao longo da xeografía galega. Os protagonistas do novo monográfico “De Nós”, que suma catro edicións, son desta vez os curruvellos, as madamas e galáns, os homes do saco, o fedelloso, os felos, o zarramanculleiro, os cigarróns, os boteiros, os charrelos, os vergalleiros, os peliqueiros, os chocalleiros e o Oso de Salcedo, entre moitos outros.

Texto completo en Sermos Galiza