Recursos

Incorporamos novos recursos ao portal da as-pg.

Dunha parte, unha Unidade didáctica sobre Luís Seoane, elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP "Juan Fernández Latorre" da Coruña, preparada  para conmemorar o Día das Artes Galegas dedicado este ano a este artista. Esta unidade está dirixida ao alumnado de Ed. Primaria. Agradecemos ao centro o seu interese por compartir este recurso. Pode consultarse, e descargarse, en https://www.as-pg.gal/aula-digital/primaria/dia-das-artes.

Doutra parte, próximo a se celebrar o 240 aniversario do nacemento do impresor de Proezas de Galicia, considerado o primeiro libro impreso en galego, ofrecemos tamén a posibilidade de ler, ou agasallar, neste caso a través da nosa tenda este libro.

 

 

Proezas de Galicia é un exemplo de literatura funcional, unha obra de propaganda ao servizo dunha causa, neste caso enxalzar as fazañas dos galegos que se enfrontan aos franceses, xestas que deberían ser imitadas polos españois. Mais, a pesar de ser unha obra de carácter panfletario o autor ten clara conciencia lingüística e, coñecendo a diversidade fonética e a variedade de significación terminlóxica, declara escreber nun galego común, de práctica xeneralizada nas sete provincias, a fin de que ”coa maior facilidade poidan todos comprender a leitura”.

Podes consultalo nesta ligazón: https://tenda.as-pg.gal/catalogo/proezas-de-galicia