Pondaliana. Quince poemas de Eduardo Pondal musicados

    AS-PG

    Pondaliana. Quince poemas de Eduardo Pondal musicados 

    Xa está á venda na TENDA DA AS-PG o libro disco Pondalina. Nos próximos días tamén estará en librarías.

    O proxecto Pondaliana iniciouse no centenario da morte de Eduardo Pondal (1835-1917). Daquela, a Sociedade Cultural Medulio tomou como compromiso articular un espectáculo musical, baseado en poemas do grande poeta galego, para evidenciar o valor, a vixencia e a adecuación para a música de variado xénero e estilo da súa poesía.  Agora, en formato libro-cd, e edición conxunta da  AS-PG e A Mesa, as galegas e galegos poderemos acceder, polo menos, á banda musical que era o fío fundamental do espectáculo PONDALIANA.

    Aquí podes escoitar un tema: Fillo cativo da gandra