O ESCORNABOIS EN GALICIA. Aproximación ao coñecemento da nosa relación xeográfica, histórica e lingüística coa especie.

 

 

 

 

(Imaxe Dani Monteagudo en GCiencia)

O ESCORNABOIS EN GALICIA. Aproximación ao coñecemento da nosa relación xeográfica, histórica e lingüística coa especie.

 

Baixo este título Pablo Torrella pretende recoller a nosa relación cultural co Lucanus cervus, popularmente coñecido como escornabois ou vacaloura.

Atendendo á súa distribución xeográfica e ao coñecemento histórico e lingüístico, o proxecto pretende recompilar toda canta información existe e coñecemos sobre esta especie dende o punto de vista cultural.
A primeira fase do proxecto consiste nunha enquisa e por medio dela, preténdese achegar ao coñecemento popular que se ten da especie en Galicia, pois as historias transmitidas oralmente forman parte do noso patrimonio inmaterial e cómpre recuperar este tipo de información para que non quede esquecida nin se perda. Non se trata dun traballo dirixido a realizar ningún tipo de denuncia nin protección directa da especie obxecto do estudo.

A enquisa consta dun total de 17 preguntas totalmente anónimas, aínda que por cuestións concluíntes, haberá algunhas preguntas relacionadas co lugar e localidade de orixe dos comentarios, así como sobre a idade aproximada ou o seu sexo da persoa participante. A súa finalidade será unicamente co fin de segregar as diferentes opinións en relación aos datos obtidos.
A participación nesta enquisa poderá ser mediante a execución dun formulario en internet ou tamén mediante unha entrevista de carácter presencial.
Con intención de garantir a súa difusión, a enquisa é compartida por diferentes persoas, foros e medios susceptibles da súa colaboración.

LIGAZÓN PARA ACCEDER Á ENQUISA:
 

https://forms.gle/Kbq5U92aS9WBEper7