Nós Diario, á venda na nosa tenda

 

Nós Diario, o xornal en papel que edita Sermos Galiza desde o pasado día 2 de xaneiro, está nos quiosques de martes a sábado. Ademais do papel Nós Diario pode lerse en PDF na hemeroteca, de acceso só para asinantes, á que se pode acceder desde a url

https://hemeroteca.nosdiario.gal/

O PDF véndese, en exclusiva, na tenda da AS-PG,entidade que xa viña vendendo o Sermos Galiza e na que podes encontrar outras publicacións periódicas, versión en papel, como Luzes, Tempos Novos ou A trave de ouro.

A tenda da AS-PG ofrece a funcionalidade de Lectura na Nube, integrada na propia Tenda, de xeito que os teus libros dixitais van estar sempre dispoñibles no teu espazo persoal, e vas poder acceder á súa lectura desde o propio navegador web do teu dispositivo e sen necesidade de instalar ningún programa de lectura adicional.

Ademais, este espazo de lectura incorpora a funcionalidade de Lectura sen Conexión, que che vai permitir gardar no teu dispositivo, de forma sinxela e transparente, os libros dixitais.