Os espazos web de interese socioeducativo

    AS-PG
    De AS-PG

    Esta é unha iniciativa que pretende abordar a progresiva implantación da educación dixital facilitando un acceso óptimo e seguro das xeracións máis novas ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación e, ao mesmo tempo, permitindo un maior coñecemento por parte do conxunto da Sociedade das súas potencialidades e perigos. É un proxecto que se dirixe a toda a sociedade porque toda a sociedade está implicada no proceso educativo e pretende incidir nos aspectos dun cambio necesario que ten que ver máis cos aspectos sociais que non tecnolóxicos.

    As posibilidades educativas e de recursos que se achan en Internet son inmensas, mais chegar a elas non sempre é fácil. Por iso desde a AS-PG nos plantexamos ofrecer un catálogo temático de recursos que se poden encontrar na web con fins socioeducativos, e todo iso procurando dar información a quen pretenda usar estes recursos sobre a súa calidade, adecuación a determinadas idades, seguridade do sitio en que están, etc. Para conseguirmos iso, dada a inmensidade de espazos web a que podemos acceder, contamos coa colaboración dos propios usuarios e usuarias que poderán propor novos espazos web ou valorar e comentar os xa existentes.

    Seccións da páxina principal

    A páxina principal está dividida en catro seccións: os Espazos web por temas, os Últimos espazos engadidos, os Espazos mellor valorados e os Últimos comentarios emitidos sobre os espazos web. Na marxe superior dereita atópase o formulario que permite acceder como usuario ou usuaria, e a ligazón para rexistrarse no caso de non dispor aínda dunha conta.

    Os Espazos web por temas permiten navegar polos diferentes temas e subtemas existentes. Premendo sobre o nome dun subtema, accédese á lista de espazos web catalogados en ese subtema. Os espazos poden amosarse ordenados alfabeticamente por título ou pola data de rexistro do espazo no sistema, sendo os primeiros os de máis recente catalogación. Premendo en Máis detalles accédese á ficha web do espazo, que amosa a súa información de catalogación e avaliación.

    A sección dos últimos espazos presenta os cinco últimos espazos engadidos ao sistema. A lista de espazos mellor valorados mostra os cinco espazos con máis valoración dados polos usuarios rexistrados. A dereita aparece a sección de últimos comentarios, nos que se mostran os últimos comentarios engadidos polos usuarios rexistrados, referenciando ao espazo no que foron publicados.

    Procuras

    Se usando a navegación por temas e subtemas non se da encontrado o espazo buscado, pódese usar unha busca simple ou avanzada. Unha busca simple pode realizarse dende o campo procura que aparece na barra superior da páxina. Esta busca devolverá tódolos espazos para os que o seu título, descrición ou autoría coinciden coas palabras buscadas.

    Na procura avanzada poderá, ademais da busca por palabras clave, elixir o tema ao que pertence o espazo web así como a tipoloxía, os tipos de recursos que inclúe, os propósitos e os destinatarios.

    Ficha dun espazo

    Na ficha dun espazo vense os detalles deste. Consisten nunha descrición, a URL do espazo, o contacto, tipoloxías, tipos de recursos propósito, destinatarios, aplicación didáctica, avaliación técnica, deseño e navegación e a valoración global da web. Tamén pode verse a valoración media que lle deron os usuarios rexistrados e os comentarios que se engadiron.

    Rexistro no sistema

    Para rexistrarse no sistema debe premerse na páxina principal o enlace "rexistra" que aparece no apartado de autenticación. Isto leva a páxina de rexistro onde se pedirá un identificador e unha conta de correo electrónico. Unha vez introducido enviaráse un correo a esta conta co identificador e o contrasinal para acceder. Debe accederse por primeira vez no plazo de sete días, ou a conta poderá ser borrada.

    Vantaxes de rexistrarse

    Ao rexistrarse pode acceder as seguintes funcionalidades:

    • Poderase propor novos espazos web. Se encontra algún espazo interesante que crea que debería estar, poderá propoñelo aos administradores da páxina.
    • Poderase deixar comentarios sobre os espazos web. Estes comentarios serán inspeccionados previamente a súa publicación.
    • Poderase valorar os espazos web, unha forma rápida de compartir a súa opinión.