Ocorreu en setembro

Desde esta semana, e cada mes, a AS-PG vai manter unha colaboración co semanario Sermos Galiza denominada Ocorreu en ...

Trátase de recoller un conxunto de feitos sobre a lingua (e a escrita), historia, personaxes e educación identificábeis mediante códigos de cores

A presentación combina texto, imaxe e códigos QR, deixando sen cubrir,  aproximadamente, un terzo do mes.

Ainda que vai destinado a todo tipo de público, o obxectivo é que teña máis aplicación nos centros escolares. Neste sentido, o calendario, que verá a luz co derradeiro número de cada mes de Sermos Galiza, terá un complemento de 8 páxinas, cada dous meses, en que a AS-PG ofrecerá experiencias, entrevistas, reseñas de materiais, historias das nosas escolas  ...

O título: Sermos Escola

 

Tamén se ofertará aos centros de ensino a posibilidade de colaborar no calendario enviando as súas propias efemérides, non descartando a idea de facer tamén unha versión para a web.