O primeiro instituto da Galiza

As nosas escolasEra o ano 1842, a raíña Isabel II estaba no exilio, no Estado español gobernaba o partido progresista e na presidencia do Consello de Ministros estaba o lucense José Ramón Rodil. Unha Real Orde do 30 de novembro crea o Instituto Superior de Segunda Ensinanza en Lugo. 

A súa creación era a culminación dun proceso que durante anos viña demandando a promoción e protección do ensino da xuventude da provincia por parte da Deputación e da  Sociedade Económica de Amigos do País de Lugo que, como institución liberal, tiña entre os seus ideais a consideración da educación como un servizo público. 

[...]

 

 

Primeiras mulleres no instituto 

 

No momento da súa creación, non se especificaba que no instituto non se puidesen matricular mulleres. Non se especificaba porque, para a sociedade da época, a educación era un feito exclusivamente masculino, así que, cando as primeiras mulleres solicitaron a súa matrícula, produciuse un desconcerto e, aínda que foron admitidas, non podían asistir ás aulas, tiñan dereito a exame. 

Entre as primeiras mulleres estarían as irmás Fernández de la Vega, Jimena e mais a súa xemelga Elisa que, entre os anos 1909 e 1913, estudaron no instituto lucense. Elas foron ademais as primeiras mulleres en licenciarse na Universidade de Santiago de Compostela.

[...]

O texto completo pode verse en http://tenda.as-pg.gal/catalogo/sermos-escola-1.

 

As fotos son de Manolo Graña. O texto de Arturo Iglesias