Vai de reseñas

Manual de escola

Un libro de humor gráfico sobre educación. Con prólogos de Francesco Tonucci e Xaquín Marín. Un proxecto no que o autor presenta unha alta carga emocional, como profesor, como humorista gráfico, sobre un sistema educativo errático, disperso, confundido. O libro, publicado en 2016, esgotou axiña a súa primeira edición.

 

Xogo da curuxa


 

O xogo da curuxa é un xogo da AS-PG baseado no xogo da oca. Consiste en lanzar o dado e ir movendo a ficha ao longo dun taboleiro en espiral formado por cadros, tendo algúns deles asociadas accións especiais como bonificacións ou castigos. A diferenza do xogo clásico, cando o xogador cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo etc. Gaña a partida o primeiro xogador en chegar até o último cadro e superar a súa proba. Na actualidade está en desenvolvemento unha versión para o sistema Android.


Espazos web

É un proxecto que se dirixe a toda a sociedade porque toda a sociedade está implicada no proceso educativo e pretende incidir nos aspectos dun cambio necesario que ten que ver máis cos aspectos sociais que non tecnolóxicos.

As posibilidades educativas e de recursos que se achan en Internet son inmensas, mais chegar a elas non sempre é fácil. Por iso desde a AS-PG nos plantexamos ofrecer un catálogo temático de recursos que se poden encontrar na web con fins socioeducativos, e todo iso procurando dar información a quen pretenda usar estes recursos sobre a súa calidade, adecuación a determinadas idades, seguridade do sitio en que están, etc. Para conseguirmos iso, dada a inmensidade de espazos web a que podemos acceder, contamos coa colaboración dos propios usuarios e usuarias que poderán propor novos espazos web ou valorar e comentar os xa existentes.