Rosalía e a AS-PG: música, cinema, ensaio para espallar verdades agachadas.

    AS-PG
    De AS-PG

    Non é propio desta páxina facer un relatorio exhaustivo, mais si mencionar algunhas obras que constituíron un fito na interpretación da obra rosaliana que foron postas á disposición do público lector pola AS-PG.

     

    Análise Sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988).

    Foi a tese de doutoramento de Francisco Rodríguez -a primeira presentada nunha universidade galega sobre a escritora- que significou un salto cualitativo no coñecemento do mundo e da experiencia rosalianas.

     

    Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (A persoa e a obra de onte a hoxe).

    Este libro hai que inserilo dentro do esforzo colectivo por nos facer conscientes do noso propio valor, neste caso do valor dunha obra literaria e dunha muller, Rosalía de Castro, que transcenden o campo da literatura por seren sintomáticas da aspiración e do dereito á existencia do pobo galego, e tamén dunha perspectiva da historia e do mundo xenuína e moi esclarecedora, imprescindíbel. Un texto rigoroso analítico e o manexo de fontes históricas abondosas, característicos do seu autor, topamos cun texto de fácil, entretida e suxerinte lectura, un libro que nos vai descubrir a personalidade auténtica de Rosalía, libre dos prexuízos e estereotipos aínda dominantes.

     

    Os ollos  Os ollos que falan

    Este traballo de Tempo Catro mostra unha Rosalía actual e viva, capaz de comunicar con nós a través de temas como a conciencia sobre Galiza e o seu estado,  o amor e o desamor, a parella, o erotismo e a sexualidade, en claves nada convencionais, por certo. Todos estes temas, e moitos máis,  abrollan nestes cantares feitos música con ritmos de valse ou de fado; de salsa ou de xota; de mazurca ou pasodobre.


     

    I ante aquel silencio mudo.

    silencio  Un video documental que Descobre unha Rosalía comprometida e rebelde. Ofrece un xeito de ler a súa obra e a súa personalidade contextualizado co tempo en que lle tocou viviu á nosa grande poeta, pero á vez unha lectura inserida na realidade actual.


     

     

    Daquelas que cantan.

     

    Tamén as tecnoloxías da información e a comunicación e as novas formas de lectura teñen atraído a atención da AS-PG para divulgar a obra rosaliana. Neste sentido, cabe salientar o portal titulado  Daquelas que cantan (http://bitaculas.as-pg.com/literaria/) onde, semana a semana, se foron publicando todos os poemas de Follas Novas e Cantares Gallegos. . Os dous textos citados, Follas novas e Cantares Gallegos, foron tamén publicados pola AS-PG en papel.

    Trivial.gz

    O interese da AS-PG por Rosalía levou a entidade a crear plataformas de relación aberta e de intención claramente pedagóxico-social, entre a sociedade e o sistema educativo, dando lugar a actividades tipo “cazas do tesouro” e outras destinadas ao uso escolar e mesmo a incluír no Trivial.gz, un xogo de trivial en liña con máis de oito mil usuarios e usuarias rexistradas, un tema sobre Rosalía con varios centos de preguntas.