As nosas mestras: Xosefa Iglesias Vilarelle

Nada en 1883, esta compostelá de nacemento estará profundamente ligada á cidade de Pontevedra, posto que viviu nela desde a infancia e cursou alío estudos de Maxisterio, nivel elemental. Rematounos en 1901 e non tardou moito en acadar a praza (en 1908) e pasar a exercer o seu labor transitoriamente na vila de Carnota. Anos despois volveu preto de Pontevedra, ao lugar de Mourente. É autora do primeiro texto didáctico escrito en galego. Este Método de lectura, que ten

 

como honra inaugurar este tipo de publicacións escolares en galego, nace da pluma dunha muller que imparte escola en Pontevedra.