Sermos Escola 5

O Sermos Escola número 5  vén cargado de iniciativas. E podes lelo, de balde, na nosa tenda.

Só é preciso dareste de alta, se non estás, e poderás acceder á leitura na nube deste Sermos Escola, e adicionar os outros, se queres, á túa conta, tamén de balde.

Neste número 5 atoparás: proxectos pola igualdade no ensino e experiencias innovadoras como o MatDance. Neste quinto número recordamos ademais as escolas de americanos; entrevistamos Arturo Iglesias para coñecer mellor o seu relato Sabela, almiranta dos mares do sur; e explicamos as vantaxes do lanzamento en versión dixital da obra Historia da Literatura Galega, editada pola AS-PG.