Xoán Montes

O 13 de abril de 1840 nace en Lugo Xoán Montes Capón, compositor, pianista, organista e director de música. Foi autor de numerosas obras musicais, profanas e relixiosas entre as que destacan Negra sombra, sobre o poema de Rosalía de Castro, e  Unha noite na eira do trigo, sobre o poema de Curros Enríquez.  Fundou en 1879 o ”Orfeón Lucense”, posteriormente chamado “Orfeón Galego”, que dirixiu até a súa morte.

 

Escoita a Negra Sombra, en versión de Natalia Ensemble & María Eugenia Boix, premendo na imaxe ou aquí: https://youtu.be/nt7HjmK0_-0