Mártires de Carral

    AS-PG
    De AS-PG

    Postal editado pola Liga Galega para conmemorar a inguración do monumento aos mártires de CarralO 26 de abril de 1846  son fusilados en Carral o coronel Solís e doce dos seus oficiais. O día 23 tivera lugar a batalla de Cacheiras entre as tropas españolas e as galegas de Solís, que foron derrotadas. A grande superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia e as tropas españolas entraron en Compostela a saqueo e pillaxe.  Solís, que se refuxiara en San Martiño Pinario, entregouse aquela mesma tarde.

    Tres días despois, un xuízo sumarísimo condenounos a morte e serían fusilados en Carral. Con este fusilamentos  acaba a sublevación militar que comezara o 2 de abril, as demais consecuencias serán a represión, a tortura e o exilio en Portugal dunha morea de revolucionarios. Para o nacionalismo os “Mártires de Carral” son un referente de loita contra o centralismo.