Tacholas

O  14 de maio de 1991 morre Fernando Luís Iglesias Sánchez “Tacholas”, actor que desenvolveu a súa vida artística na emigración arxentina, onde se converteu nunha gran figura do teatro e o cinema. Convidado por Manuel Núñez Búa comeza a actuar na radio e axiña  acada sona entre a colectividade galega. Tacholas participou na estrea da obra de Castelao “Os vellos non deben de namorarse” o 14 de agosto de 1941 no Teatro Mayo de Bos Aires. En 1945 funda a audición radiofónica “Recordando a Galicia”, programa baseado nunha idea orixinal de Castelao.