A viñeta de Schrödinger

A BD galega, a lingua e a cultura galega é como o gato de Schrödinger, está aí, estamos seguros de que está, que ten que estar, mais algúns cren que está morta, mentres nós cremos que está máis viva ca nunca. Pasa o mesmo coas revistas, que semellan esquecidas nun momento onde proliferan as novelas gráficas.​

A viñeta de Schrödinger nace para dar voz e visibilidade ás bandas deseñadas breves de autores/as galegos/as.

Mais tamén para que os/as lectores/as adolescentes e adultos poidan ler e descubir a BD de calidade que se fai en Galiza.​

Por todo iso A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega deciden lanzar esta revista capitaneada por Kiko da Silva, de periodicidade trimestral, con 32 páxinas a toda cor, encadernada en rústica e con acabado en lombo, a un prezo de 5 euros e unha tiraxe de 1.500 exemplares.

O primeiro número chegará ás librarías en xullo mais pode realizar xa o pedido (que quedará almacenado nos sistemas informáticos) no nosa tenda

 

En todos os números haberá unha entrevista. No primeiro número Roberto M. Lamosa, o noso xornalista de BD, entrevistará a neoiorquina Sarah Andersen, con milleiros de seguidores/as nas redes sociais e autora da serie 'Sarah's Scribbles', que acudiu no mes de maio a un multitudinario encontro na cidade de Pontevedra ao que foi convidada pola libraría Paz.