Os Cristos de Benito Prieto

O 6 de xuño de 1907 nace en Ribadeo o pintor Benito Prieto Coussent. Foi profesor de debuxo no Instituto de Segundo Ensino da cidade pontevedresa de Tui, instituto de nova creación e pioneiro nos novos sistemas pedagóxicos impulsados pola República. Fóra do horario lectivo daba clases gratuítas aos obreiros. Ao comezo da guerra Benito Prieto Coussent é detido acusado de simpatizar e axudar a obreiros e anarquistas. En 1940 contrae matrimonio cunha mestra granadina e trasladan a residencia a Granada.

Morreu en 2001

 

O Cristo, a súa obra máis representativa,  foi comezada a mediados da década dos 40 e presentada na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid de 1948. Esta obra é recoñecida como unha singular e revolucionaria achega á tradicional iconografía do Cristo crucificado.

Na realidade son varios os Cristos, catro en total, e presentan variacións na idea de dar unha imaxe o máis parecida ao que puido ser a crucifixión real.