A Galiza hai setecentos millóns de anos

    AS-PG
    De AS-PG

    Onde estaba a Galiza hai setecentos millóns de anos? Un mapa interactivo revela como era a Terra hai millóns de anos, cando só existía unha única masa terrestre. O mapa tamén permite descubrir datos como onde se produciu a primeira vida multicelular, os primeiros insectos ou os primeiros homínidos, entre outros.


    O mapa pode verse nesta ligazón

    A partir de aí Massimo Pietroson publica no seu blogue unha imaxe ben curiosa: sobrepoñía sobre esa masa sólida o mapa político actual (fican fóra algíuns territorios que, na altura, aínda non emerxeran). O resultado é ben curioso visto desde a xeopolítica actual: Cuba ao pé de Nova Orleáns; Miami ao pé da Guiné. Vigo ao pé de Groenlandia.E o Mediterráneo podía cruzarse en bicicleta.