Letras 2019

    AS-PG
    De AS-PG

    O vindeiro sábado, 7 de xuño, o plenario da Real Academia Galega debaterá sobre a figura á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2019. Sobre a mesa, dous nome: o xa habitual de Ricardo Carvalho Calero e mais o antropólogo e historiador Antonio Fraguas.

    A candidatura de Fraguas, nado en Cerdedo-Cotobade en 1905 e morto en Compostela en 1999, foi impulsada polos numerarios Andrés Queiruga, Francisco Díaz-Fierros, Pegerto Saavedra e Salvador García Bodaño. A de Carvalho, nado en Ferrol en 1910 e morto en Compostela en 1990, por Xosé Luís Axeitos, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Francisco Fernández Rei, Manuel González, Chus Pato, Xosé Luís Regueira e Euloxio Ruibal.

    (Na fotografía Carvalho e Fraguas, na cidade portuguesa de Santo Tirso, con Celso Emilio Ferreiro e Francisco F. del Riego, en 1963.)