A derradeira lección do mestre

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/5-outubro-19-marzo-gaias/20180910162522071960.html

A derradeira lección do mestre está a piques de chegar por vez primeira a Galiza. O impoñente óleo de Castelao -máis de dous metros de altura, baseado nunha das estampas do álbum Galicia Mártir- exporase na Cidade da Cultura de Compostela entre o 5 de outubro e o 3 de marzo de 2019.

Na actualidade o cadro é propiedade do Centro Galicia de Bos Aires.