Otero Pedrayo, cineasta

    AS-PG
    De AS-PG
    https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/otero-pedrayo-cineasta/20180918131508072141.html

    “Fai oito días, Otero Pedrayo leunos o guión cinematográfico que por encárrego de Césareo González fixo sobre o tema do Camiño de Santiago. Fixo unha cousa de gran alento poético, pódese decir que un gran poema”, escribía Ramón Piñeiro nunha carta enderezada a Fermín Penzol o 26 de novembro de 1952. Había cinco anos que o autor do Señorito da Reboraina (1960) recuperara o contacto co actor e antigo militante das Irmandades da Fala José Rodríguez de Vicente, Joselín, asalariado de Suevia Films. Foi el quen lle propuxo o traballo, agora publicado pola Editorial Galaxia co título de Camino de Santiago. Guion para una película.