A derradeira leición do mestre, en Galiza

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/derradeira-leicion-do-mestre-galiza/20181003131538072550.html

A obra que reproduce ampliada -dous metros de alto e 136 centímetros de ancho- a lámina número 6 do álbum de guerra Galicia Mártir- chega por primeira vez a Galiza. Propiedade do Centro Galicia de Bos Aires, a Xunta negociou a súa cesión por seis meses. Para amosalo á cidadanía galega, o Goberno galego armou a exposición Castelao Maxistral, comisariada polo seu biógrafo Miguel Anxo Seixas e que percorre a pegada da docencia, os mestres e a represión a esta profesión na obra do rianxeiro.