Cinema árabe

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/filmes-semana-cinema-arabe-compostela/20181017165000072903.html

A programación do ciclo, organizado pola Fundación Araguaney, proxéctase  no Teatro Principal de Compostela en dúas sesións, ás 20.00 horas e ás 22.00 horas, a dous e tres euros respectivamente. “Os filmes recollen diferentes puntos de vista e sensibilidades do mundo árabe”, sinala o director do certame, Ghaleb Jaber Martínez, “e amosan a diferenciación e matices dos máis de 500 millóns de persoas do mundo árabe”.