Carvalho Calero: unha bandeira sen el procuralo

https://adiante.gal/carvalho-calero-converteuse-nunha-bandeira-sen-el-procuralo/

Entrevista con José Luis Rodríguez, catedrático en Filoloxía galego-portuguesa e reintegracionista practicante, José Luis Rodríguez afirma que “o paso do tempo o que fixo foi confirmar cada vez máis as miñas conviccións”. Chega cargado de libros recensionando a figura de Ricardo Carvalho Calero e amosa a mesma actitude firme que mantivo durante anos o seu mentor. “O máis cómodo é deixarse ir coa grande masa, mais pasa o mesmo co noso galego se o deixamos ir. O máis cómodo é non falalo, abrirse ao castellano e adeus, moi boas. O que algo quere, algo lle custa. Algo hai que por na balanza para conseguir os obxectivos. E mesmo que sexa simbólico, hai que seguir mantendo unha actitude de afirmación daquilo que cres”, sostén o profesor da USC, agora xa xubilado.