Estado e a Xunta vulneran os dereitos lingüísticos

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/mesa-advirte-ao-consello-europa-estado-xunta-galicia-vulneran-dereitos-linguisticos/20181030131114073247.html

Os dereitos lingüísticos da poboación galega están a ser vulnerados, con incumprimentos en todas as áreas onde o Estado e a Xunta deben garantir a presenza normal do galego: educación, vida social e económica, xustiza, cultura, medios de comunicación, relacións transfronteirizas, etc. Esta é a cerna do relatorio sobre a situación do galego que A Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) entregará o vindeiro 3 de novembro, en Dublín, ao director do Secretariado da Carta Europea das linguas rexionais ou minoritarias do Consello de Europa