Entrevista a María Reimóndez

https://lecturafilia.com/2018/10/25/entrevista-maria-reimondez-os-feminismos-avanzan-mais-os-ataques-son-tamen-moi-virulentos/?fbclid=IwAR0NI-PAKF9bYOGlfn2IF0Bf31Q3xLNEfdtXaednAwEGBVcECwhX725SOmQ

Escribe desde a conciencia e a reivindicación. María Reimóndez é unha das autoras máis importantes do panorama literario galego, e ten gañado certames tan importantes como o XXXI Premio Xerais de Novela por Dende o conflito, o XIV Premio de Novelas por Entregas de La Voz de Galicia con A dúbida ou o Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu con Galicia en bus, algúns dos máis recentes. Ademais, é fundadora da organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento Implicadas/os no Desenvolvemento, e tamén se encarga de labores de tradución. Unha muller brava e cunha clara conciencia feminista e galeguista, que aplica en todos os eidos da súa vida persoal e profesional.