O empeño por un diario galego

http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=5191&seccion=4

Malia non seren as mesmas circunstancias de hoxe, comezarei referíndome a unha dinámica ilustrativa a respecto do tema que nos vai ocupar, botando man da época no que o noso país era normal, isto é, guiado sen interferencias nin dominios abafantes desde fóra. Entre os séculos XIII e finais do XIV, cando menos, toda a documentación que non se facía en latín, estaba en galego, pois esta era a lingua de uso social na Galiza, a lingua da cultura  popular oral e a da literatura para ocio e gozo das clases dirixentes –os famosos cancioneiros- , e para a súa ilustración –a prosa histórica ou didáctica en xeral.