Canta co Apalpador. Agasalla un diario en galego!

    AS-PG
    De AS-PG
    https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/xa-ven-o-apalpador/20181212183944074560.html

    Non hai moitos anos, coincidindo co día de San Silvestre, nas aldeas do Courel preparábanse para a visita do Apalpador. Viña sempre tras a celebración familiar da Noite Vella. As nenas e os nenos marchaban axiña para a cama e cando aínda non lles dera tempo a prender no sono, baixaba o carboeiro da devesa para apalparlles a barriga, deixarlles unha presa de castañas e desexarlles un ano novo cheo de fartura.