Memorias dun neno labrego

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/55-anos-da-publicacion-memorias-dun-neno-labrego/20160104195741043838.html

Hoxe, sábado cinco de xaneiro fanse 58 anos da publicación de Memorias dun neno labrego, o maior 'best-seller' da literatura galega, que ten sido traducido a ducias de linguas. 

Tal e como lle dicía o propio Neira Vilas a Sermos nunha entrevista do pasado outubro, “Memorias vai máis alá de min. Como di Freixanes: “Balbino desbórdate”, non precisa de min. Leva uns  800.000 exemplares vendidos, por diferentes edicións. Síguese reeditando moito, non paro de asinar exemplares por aí adiante. Unha señora de Ponteareas tróuxome hai pouco sete exemplares para diferentes nenos”.