A RAG e a Academia Brasileira de Letras asinan un acordo de amizade e colaboración

    AS-PG
    https://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/academias-galega-braisleira-asinan-estreitar-lazos-linguas-irmas/20190110170026075145.html

    A Real Academia Galega (RAG) e a Academia Brasileira de Letras (ABL) asinaron esta mañá un acordo de amizade e colaboración. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o seu homólogo brasileiro, Marco Lucchesi, rubricaron o documento na sede da RAG tras unha xuntanza na que coincidiron na importancia de estreitaren os lazos entre as dúas linguas irmás e o potencial da lusofonía.