Unha obra divulgativa que, de xeito ameno e rigoroso, afonda na orixe e nos nomes das pezas que compoñen esta base sobre a que se constrúe a linguaxe da química. O volume ve a luz coincidindo coa celebración no 2019 do Ano Internacional do Sistema Periódico, declarado pola ONU para conmemorar os 150 anos da presentación por parte do químico ruso Dimitri Mendeleev, o 6 de marzo de 1869, da súa táboa periódica. Naquela primeira versión constaba de 63 elementos; hoxe son 118 e xa se propuxo o 119, do que tamén se fala na guía.