Pazo de Tor, de Luz Pozo

http://www.biblosclube.com/noticias.asp?identificador=92

Por que dá nome ao libro o pazo medieval de San Xuan de Tor, no campo de Lemos, que sobrevive tras ser reconstruído no s. XVIII?
-Despois de escrito e lido, decateime de que con el saldaba unha débeda que tiña cos recordos familiares arredor dos Garza. Chegáronme a través de miña nai e do que me contaban os primos maternos que vivían en Madrid, cos que sempre tiven moita conexión, amais de gran parecido físico. Eles foron os primeiros en visitar o Pazo de Tor e por carta falábanme do que alí atoparon. Tiven desde lonxe a conciencia de que estaba ligada a ese pazo. Fun velo por fin en agosto de 2009. Xa non pertencía aos Garza, pero quedaban recordos no espazo, case máis que nos cuarteis do seu escudo. Os instrumentos musicais, a balaustrada, a escaleira, os xardíns… Todo o que fun vendo quedou no meu espírito.