Lugrís Freire

http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/lugris-freire-manuel.html

Manuel Lugrís Freire naceu en Sada en 1863 e con vinte anos emigrou a Cuba. Na Habana foi elixido membro da xunta directiva do Centro Galego e fundou e dirixiu o primeiro xornal americano redixido totalmente en galego: A gaita gallega (1885-1889). Alí publicou o seu primeiro poemario (Soidades, 1894), prologado por Curros Enríquez, e escribiu a súa primeira obra dramática: A costureira da aldea. De volta á Galiza en 1896, instalouse na Coruña e proseguiu o cultivo da literatura, editando en 1901 Noitebras.

Morreu o 15 de febreiro de 1940

Información extraída da Historia da Literatura Galega, proxecto cofinanciado pola Deputación da Coruña.