Sermos Galiza 335

    AS-PG
    De AS-PG
    http://tenda.as-pg.gal/catalogo/sermos-galiza-335

    Nun contexto onde a modalidade “á carta” impera sobre o resto, cómpre advertir de que Rosalía só hai unha e non existe ao gosto da consumidora ou do consumidor. É falsa esa Rosalía choromiqueira, santa e folclórica. Como coñecer realmente Rosalía? Manuel Murguía daba coa chave: para saber de Rosalía hai que lela. As súas obras emanan a rebeldía dunha muller que rompía as regras coa lingua do pobo -aquel idioma que estaba vetado e pouco considerado- como arma e coa defensa da patria no albo.(Do editorial de Sermos Galiza)