A AELG convoca un parlamento de escritoras polos dereitos civís

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/aelg-convoca-parlamento-escritoras-polos-dereitos-civis/20190311143315076960.html

O Pazo Mugartegui acollerá as primeiras actividades das xornadas a sexta feira 15 de marzo ás catro e media da tarde. Liberdades civís e dereitos nacionais titularase a mesa redonda de apertura e nela falarán a ensaísta galega Carme Adán, a narradora vasca Laura Mintegi e novelista catalá Clàudia Pujol. Modera Sánchez Iglesias.