75 anos da saída do prelo de Sempre en Galiza

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/politica/fanse-75-anos-da-saida-do-prelo-sempre-galiza/20190310121817076927.html

Corría o 10 de marzo de 1944 cando vía a luz en Bos Aires Sempre en Galiza, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a obra de referencia do nacionalismo do século XX. Un guieiro que chegou a Galiza de maneira clandestina como un tratado de patriotismo galego.