A. López Ferreiro

http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/lopez-ferreiro-antonio.html

O 20 de marzo de 1910 morre Antonio López Ferreiro ( naceu en Compostela en 1837). Foi o mellor novelista do século XIX. Cursou estudos de Filosofía e Letras e Dereito na Universidade Literaria e seguiu a carreira eclesiástica, ordenándose presbítero en 1862, con 25 anos. No ano seguinte realizou o doutoramento en Teoloxía na universidade central, para despois matricularse na Escola Diplomática de Madrid.