Pilar Pallarés e Antón Lopo, premios da Crítica 2018

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/pilar-pallares-anton-lopo-premios-da-critica-2018/20190406162342077847.html

O quinto libro de poemas de Pilar Pallarés e a primeira novela de Antón Lopo en oito anos son os Premios da Crítica Española 2018 en lingua galega. Tempo Fósil (Chan da Pólvora, 2018) e Extraordinario (Galaxia, 2018) titúlanse as obras distinguidas pola Asociación Española de Críticos Literarios a proposta da Asociación Galega da Crítica.