72 anos da primeira programación radiofónica estábel en galego

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/damos-comezo-nosas-transmisios-lingoa-galega-72-anos-da-primeira-programacion-radiofonica-estabel-galego/20190414153244078142.html

"C'o Programa d'ista noite damos comezo ás nosas transmisiós en língoa galega". Ás 23.45 horas do 14 de abril de 1947, comezaba así a primeira programación radiofónica estable en galego, e facíao desde a BBC de Londres. Os micrófonos do "Galician Programme" permitiron oír desde calquera recuncho de Galiza colaboracións das figuras máis importantes da nosa cultura. A Real Academia Galega, conserva no seu arquivo os guións deste espazo, emitido ata que en 1956 as presións do goberno de Franco acabaron con el.