'Deixaas' de Mercedes Peón, nominada a mellor disco europeo da revista 'Songlines'

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/deixaas-mercedes-peon-nominada-mellor-discos-europeo-da-revista-songlines/20190423130448078486.html

Primeiro escollérono entre os máis salientábeis discos de 2018 e agora sitúano entre as catro propostas que optan ao premio de mellor traballo europeo outorgado pola revista británica Songlines. Deixaas, o quinto disco de Mercedes Peón e un auténtico tratado de vangardismo de raíz, segue a ampliar o seu radio de acción.