“Hai persoas que realizan actos de poesía aínda que despois non escriban un só poema”

    AS-PG
    https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/hai-persoas-realizan-actos-poesia-ainda-despois-non-escriban-so-poema/20190424192911078571.html

    A Feliz Idade (Kalandraka, 2019) da poeta Olga Novo (Vilarmao, A Pobra do Brollón, 1975) é a da creación. A da creación humana e a da creación poética. Salmo vitalista e pregaria pola liberdade, composicións que cantan á materia e cantan á memoria, salutación aos outros, funde poesía e amor. “como o útero me medra / ata alcanzar a dimensión exacta / da poesía”, escribe en Premontaña.