Recoñecemento da Universidade do Ceará a Cesáreo Sanchez

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/sinto-reconecemento-da-universidade-do-ceara-mina-xeracion/20190516120536079706.html

O poeta que publicou hai 41 anos Silencios e conversas de inverno -primeiro elo dunha longa cadea de títulos-, activista cultural e social, figura inevitábel da literatura contemporánea, recibe a vindeira semana a medalla de mérito artístico Alberto Nepomuceno da Universidade Estadual do Ceará do Brasil. “Sinto que é un recoñecemento á miña xeración”, di Cesáreo Sánchez Iglesias a Sermos Galiza, “e acéptoo con todo o pudor e toda a sincera humildade”.