Primeiro texto en galego de Manuel Murguía

http://belvis.as-pg.gal

En 1854, o un de xuño, aparece publicado o primeiro texto en galego de Manuel Murguía. É o titulado Nena das soledades.

 

Nena das soledades

¿De qué te doies?

¿Son os teus trites males

Males de amores?

Dios no permita

Que os amores son rosas

Rosas e espiñas.

 

Eu tiña no meu peito

Feitiño un niño,

Puxen nel meus quereres

¡Ai! e fuxiron.

¡Quén mos trouxera!

Que desque eles me faltan

Teño tristeza.

 

 

Nunca chores, prendiña,

Polo que choro,

Nunca o ben que ti teñas

Che roube outro,

¡Ai! que eses males

Nos bos corazós duran

Eternidades.

 

Manuel Murguía (1833-1923)

 

(Video; aquí