"A literatura ten que axudar a comprender a sociedade en que vivimos"

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/literatura-ten-axudar-comprender-sociedade-vivimos/20190612172147080715.html

"Ás veces teño a impresión de que a miña visión da literatura é un pouco utópica. Pero creo que si, que a literatura debe servir como instrumento de denuncia. É unha percepción moi persoal. De feito hai cousas que eu trato nesta obra que están saíndo agora, como a pederastia no seo Igrexa católica. A literatura ten o dereito a denunciar, xa non digo a obriga, porque logo cada autora e autor fai o que considera. Mais polo menos eu como autora teño o dereito de falar e de denunciar cousas que suceden a través da literatura."