Morre Toni Morrison

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/morre-escritora-toni-morrison-voz-afroamerica/20190806174145082853.html

“Os Estados Unidos nunca deixaron de ser racistas”, declaraba Toni Morrison ao xornal brasileiro Estadão nunha entrevista de 2006. Ao fondo, a catástrofe orixinada polo furacán Katrina e xestión non menos catastrófica do Goberno de Bush. Máis ao fondo aínda, a vontade de redención histórica presente na súa obra. A escritora morreu esta terza feira aos 88 anos.