A literatura que vén do frío

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/literatura-ven-do-frio/20190909120041083860.html

Desde o norte chegan novas traducións para galego. É da man do xornalista Roman Schatz (Überlingen, Alemaña, 1961) que Dende Finlandia con amor achega, en apenas un cento de páxinas, a outra face do país escandinavo. Monllo de artigos “lixeiros, hilarantes e mesmo ferintes desde o punto de vista do migrante que sofre o choque de culturas”, o volume inaugura Esplanadi, o novo selo da editorial Rinoceronte dedicado exclusivamente á literatura finlandesa traducida ao galego.