"Para facer María Soliña baseeime nas mulleres que fan parte da miña vida desde pequena"

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/facer-maria-solina-baseeime/20190918154645084164.html

A historia de María Soliña segundo o cineasta Ignacio Vilar subtitúlase A María Solinha do século XVII e a María Solinha do século XXI foron atacadas polo dragón. O salvaxe animal do patriarcado é, no guión da sexta longametraxe do director da Esmorga (2014), o que lle permite trazar a versión 2.0 dunha muller condenada pola Inquisición acusada de bruxa. É a actriz Grial Montes (22 anos) a que encarna a protagonista do relato no seu primeiro traballo cinematográfico.