Os nomes das rúas forman parte da nosa paisaxe lingüística

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/ruas-forman-parte-da-paisaxe-linguistica/20191011175635085131.html

Entrevista de Belén Bouzas a Ana Boullón: "Os nomes de rúa son, en principio, parte da toponimia, pero realmente estúdanse de maneira diferente porque na actualidade tamén teñen un sistema de nominación lixeiramente diferente ao sistema dos topónimos. As rúas forman parte da paisaxe lingüística. É dicir, cando camiñamos por unha cidade imos vendo os nomes das rúas e podemos comprobar como algúns van cambiando ao longo do tempo. Por outra banda, as rúas tamén teñen un valor simbólico moi importante e por iso moitas veces, cando se produce un cambio de réxime, os nomes das rúas cámbianse. Na sociedade española iso viuse moi ben cando acabou a Guerra Civil, moitísimas rúas víronse con nomes dos vencedores. Nos últimos anos, e non coa mesma aceleración, empezaron a cambiarse"